O papel da persoa coidadora e o dobre loito

Hai pouco faleceu miña nai, xa moi maior e totalmente dependente de min. Agora podo descansar algo máis, pero sinto certa culpa ao saír e gozar do meu tempo libre. Por que me pasa isto? Raquel Figueira.

Cando alguén pasa anos ao coidado dunha persoa totalmente dependente, o seu falecemento pode xerar sentimentos contraditorios: a dor provocada pola perda dun ser querido mestúrase coa sensación de alivio ao poder descansar e aproveitar unha liberdade que antes non se tiña.

Isto pode derivar nunha culpabilización que dificulta aínda máis o dó, xa de por si condicionado por todo o desgaste que provoca ter a alguén a cargo as 24 horas do día. De feito, fálase dun dobre loito xa que se producen dúas perdas: cando comeza esa dependencia e cando falecen.

Para minimizar esa impresión de baleiro que queda é fundamental traballar nunha reestruturación da vida e en encher eses ocos que ocupaba a dedicación á outra persoa, creando novos ritmos e rutinas diarias. Tamén é preciso concienciarse de que esa dualidade de percepcións negativas e positivas é totalmente normal, asumindo que lle ocorre a todo o mundo.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...