Síndrome da cadeira baleira: como levar o dó durante o Nadal

É normal que o dó pola perda dun ser querido se agudice nestas datas? Guillermo Alonso.

Se ben o Nadal se asocia habitualmente a sentimentos de alegría e ilusión, non sempre é así. O falecemento recente dun ser querido pode cambialo todo, espertando en nós unha sensación de tristura que ten un nome: síndrome da cadeira baleira.

O seu nome é moi ilustrativo, xa que fai referencia a ese asento que ocupaba a persoa nas reunións familiares. Por iso esta emoción acentúase nestas datas de celebracións, aínda que tamén pode darse noutras épocas do ano.

Esta síndrome está vinculada ao proceso do dó, polo que é normal que esa tristeza e nostalxia pola lembranza dun ser querido sexa maior no Nadal, cando se pasa máis tempo en familia. Factores externos, como as fotos de redes sociais doutras persoas que amosan a súa felicidade –real ou non–, tamén poden afectar.

Para levalo da mellor maneira, é importante que non sexa un tema tabú: non pasa nada por falar do tema e compartir a túa dor. Manterte activo e asociar estas datas a sensacións e experiencias novas tamén axuda.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...