Venres 13: hai máis posibilidades de falecer neste “día maldito”?

En decembro, o segundo venres cae a día 13, unha coincidencia asociada á mala sorte. Ten algún fundamento esta crenza? Lidia Barcala.

Sexas unha persoa supersticiosa ou non, seguro que coñeces o vínculo entre o venres 13 e a mala sorte. A primeira mención a esta crenza en Europa remóntase a 1957 e chegou procedente dos Estados Unidos, aínda que se descoñece a que se debe. Con independencia de cal sexa a súa fonte, se nos apoiamos no que din diversas investigacións os venres 13 son coma outro día calquera.

Por exemplo, un estudo realizado polo Hospital Xeral Sentara Norfolk de Virxinia analizou se os venres e 13 aumentaba o volume de visitas a urxencias en seis centros da zona e concluíu que non había diferenzas.

Outra investigación, liderada por Igor Radun da Universidade de Helsinki, compilou datos de accidentes de tráfico en Finlandia entre 1989 e 2002 que tiveran lugar neste “día maldito”. Ao igual cá anterior, demostrou que as probabilidades de sufrir un sinistro deste tipo son similares ás das datas contiguas.

Polo tanto, se extrapolamos o que di a ciencia para estes dous casos, este venres 13 de decembro non haberá máis risco de morrer que o xoves 12 ou o sábado 14.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...