Algor mortis: cando a temperatura do corpo determina a hora da morte
En que consiste o fenómeno do algor mortis e por que é relevante á hora de establecer a hora dun falecemento? Raúl Sánchez
O algor mortis é o proceso de arrefriamento que sofre un cadáver nas 24 horas posteriores ao falecemento. Así, o máis habitual é que o corpo perda xa dous graos de temperatura na primeira hora sen vida. Nas seguintes 12 horas, a caída é dun grao por cada hora de xeito constante, mentres que entre as horas 13 e 24 despois da defunción esta diminución redúcese a 0,5 graos cada 60 minutos, segundo unha publicación da Gaceta Internacional de Ciencias Forenses. Transcorridas as 24 horas que dura este fenómeno cadavérico temperán, a temperatura do cadáver volve subir ata igualarse á da súa contorna.
A cara, as mans e os pés son as partes do corpo que primeiro experimentan este proceso, mentres que os órganos internos tardan máis en arrefriarse. De feito, os da zona abdominal, coma o fígado, poden conservar a temperatura ata 24 horas despois da morte.
O algor mortis é relevante dende o punto de vista legal porque axuda a determinar a hora da morte e tamén a diagnosticar con certeza a morte cando a temperatura baixa dos 20 graos, un valor que se considera incompatible coa vida.