
De onde vén a tradición de enterrar os corpos a certa profundidade?
Por que tradicionalmente os cadáveres se soterraban a unha distancia considerable da superficie? Paulo Arias
Esta tradición funeraria está documentada xa dende hai uns 400 anos, aínda que cando se acentuou especialmente foi a mediados do século XIX coincidindo coa epidemia da peste bubónica en Inglaterra, que provocara unha taxa de mortalidade moi elevada.
A velocidade á que se propagaba esta praga levou ás autoridades a buscar vías para frear os contaxios e unha das que atoparon foi, precisamente, a de ordear que os corpos se empezaran a soterrar a unha profundidade moito maior. En concreto, Sir John Lawrence, alcalde de Londres, ditou esta normativa diante da crenza de que os mortos enterrados nas parroquias podían ser os responsables da rápida propagación da enfermidade.
A este feito súmase tamén a demanda de cadáveres por parte dos anatomistas durante o século XIX para poderen investigar, o que desatou unha vaga de roubos de cadáveres que logo se lles vendían a estes profesionais. Como é lóxico, a canta maior profundidade estiveran enterrados os corpos máis difícil resultaba acceder a eles. Esas son dúas das razóns que explican ese hábito.