
Que debe conter un epitafio?
No cemiterio da miña parroquia hai moitas lápidas con inscricións. Como se determina o que se escribe nelas? Eduardo Bernal.
Transcender á morte é unha preocupación moi estendida: unha maneira de facelo é mediante o epitafio, unha ou varias frases conmemorativas que se gravan na lápida da persoa defunta e que serven para lembrar e homenaxear a súa maneira de ser.
Aínda que cadaquén pode deixar escollido o seu epitafio antes de falecer, o máis habitual é que sexan a familia ou os seres queridos quen se encarguen desta tarefa, o que supón unha gran responsabilidade. Se ben resulta complicado reflexionar con calma nun momento tan duro como un falecemento, é importante non caer nunha opción demasiado xenérica ou impersoal.
A inscrición debe recoller a esencia de toda unha existencia. Por iso, resulta moi útil botar a vista atrás e lembrar os momentos que a marcaron, tomar inspiración doutros epitafios e tamén contar coa opinión de persoas de máxima confianza e que coñeceran ben ao defunto, xa que poden achegar puntos de vista diferentes.
En Serfuja ofrecemos asesoramento e coidamos todos os aspectos, dende a libre elección do idioma da inscrición ata outros detalles estilísticos.