Corpos incorruptos: por que algúns cadáveres non se descompoñen?
Escoitei falar dunha exhumación na que o corpo se atopou case igual que cando se enterrou. Pode un cadáver resistir moito tempo sen ter sido embalsamado? Nuria Amado.
A conservación dos cadáveres sen descompoñerse dáse en casos illados e tan excepcionais na nosa contorna que nalgún momento se chegaron a asociar con fenómenos espirituais. Trátase dunha realidade coñecida como “corpos incorruptos”: son restos cadavéricos que se manteñen practicamente no mesmo estado no que foron inhumados, sen sinais de descomposición incluso moitos anos despois e sen ter sido embalsamados.
As principais causas que poderían explicar este fenómeno son a sequidade ambiental, a ausencia de insectos e o illamento de osíxeno: todo isto fai que o corpo seque de forma espontánea, impedindo así a putrefacción. Tamén se poden conservar por petrificación ou por ‘adipocira’, a transformación dos tecidos en cera mediante a acción da graxa nun ambiente de humidade estéril.
Onde máis casos deste tipo se deron en criptas de mosteiros ou en países como Noruega, polas condicións do entorno. Cómpre subliñar que son moi puntuais, xa que o habitual é a descomposición.