
Por que cada vez son máis frecuentes as despedidas civís?
Ultimamente estou vendo que hai xente que está a facer despedidas civís aos seus seres queridos falecidos. Por que son máis comúns agora? Fran Cal
As despedidas civís son cerimonias funerarias de despedida que se realizan en vez das máis habituais, de carácter relixioso. Trátase de actos de homenaxe onde a palabra, a música e as lembranzas substitúen os ritos tradicionais centrándose na vida do falecido, a súa personalidade e o seu legado, en lugar de nunha crenza espiritual concreta.
O auxe das despedidas civís está moi ligado aos cambios sociais das últimas décadas: o aumento de persoas non crentes, a diversidade cultural e a procura de rituais máis personalizados impulsaron este tipo de cerimonias. Unha das súas vantaxes consiste na maior liberdade, xa que fronte aos funerais relixiosos, as despedidas civís permiten incorporar discursos de familiares, fotografías, música ou vídeos, converténdose en espazos máis íntimos e personalizados.
En definitiva, as despedidas civís xurdiron porque a sociedade precisa novas formas dedicir adeus que se adapten ao modo de vida de hoxe.








