Falar para previr: o suicidio non pode seguir sendo un tabú

Hai cifras que nunca deberan quedarse só nun dato máis. Unha vida que se crebou, unha familia que queda, amigos que buscan un porqué… hai moitas preguntas que non atopan resposta e un baleiro que non aparece reflectido nas estatísticas.

Desde Serfuja cremos que falar do suicidio segue a ser necesario. Non para alimentar o medo, senón para lembrar que detrás de cada caso hai unha persoa, unha familia e unha historia; e, sobre todo, que é un tipo de morte que se poden previr. É aí onde debemos centrar os nosos esforzos.

A Memoria do 2025 do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) revela que 37 persoas morreron por suicidio na nosa provincia durante o ano pasado, fronte ás 43 de 2024. Aínda que isto supón un descenso do 14%, trinta e sete vidas segadas por decisión propia seguen a ser demasiadas.

Non podemos nin debemos baixar a garda: unha evolución positiva por segundo ano consecutivo non significa nin moito menos que o problema estea resolto. Só evidencia que hai razóns para seguir traballando, como pon de manifesto que, tal como publicou este xornal recentemente, dous pacientes pasan cada día polas Urxencias do Hula cun pensamento, un intento ou un xesto suicida.

Previr é detectar antes, escoitar, acompañar e animar a pedir axuda sen que este xesto se vexa como unha debilidade. É entender que a saúde mental merece a mesma atención, coidado e recursos que calquera outra dimensión da nosa saúde.

A celebración do Día Mundial para a Prevención do Suicidio é unha boa ocasión para poñermos de novo o foco sobre esta dura realidade. E desde Serfuja asumimos como propia a chamada deste ano da OMS para combater o estigma e favorecer conversacións abertas, empáticas e capaces de achegar ás persoas a axuda que necesitan.

Falar nunca provoca o problema. Ao contrario: pode recoñecer un sufrimento, abrir a porta para pedir axuda, detectar sinais de alarma, abrir unha porta á esperanza.

Falemos. Escoitemos. Acompañemos.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...