
Que requisitos debe cumprir un coche fúnebre?
Todos recoñecemos un coche fúnebre cando o vemos, pero que características ten que reunir? Quique Casares.
Os requisitos mínimos que debe cumprir un coche fúnebre aparecen recollidos na Guía de Consenso sobre Sanidade Mortuoria, aprobada en Comisión de Saúde Pública de 24 de xullo de 2018. En dito epígrafe especifícase que “o traslado (do cadáver) levarase a cabo en féretro e en vehículo de transporte funerario debidamente acondicionado”.
Estes coches precisan dunha documentación especial acorde á normativa vixente. A nivel estrutural, o habitáculo destinado ao ataúde debe ter unhas medidas mínimas de 215 cm de lonxitude, 90 de anchura e 80 de altura, ademais de ser estanco, climatizado e revestido de material impermeable e fácil de desinfectar. Este espazo contará sempre cun sistema de fixación para evitar que o féretro se mova.
A diferenza dos coches, os furgóns fúnebres caracterízanse por estar equipados para a recollida de ata catro cadáveres, aínda que en caso de catástrofes poderá recoller un número maior.