Tres intentos de suicidio nunha tarde: é momento de reflexionar

El Progreso informaba na súa edición dixital do sábado 1 de abril sobre tres intentos de suicidio nesa mesma tarde en distintos puntos do Concello de Lugo, un deles protagonizado por unha persoa repetira unha situación similar dous días antes.

Esta nova corrobora a especial incidencia que teñen as mortes autoprovocadas na nosa provincia, un fenómeno sobre o que veñen alertando distintas publicacións nos últimos tempos. Unha das máis recentes é o estudo ‘Evolución del suicidio en España en este milenio’, presentado en xaneiro deste ano polo Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM ISCIII) na Universidade Complutense de Madrid.

De acordo coas estatísticas desta investigación, Lugo sitúase como a provincia española cunha maior taxa de mortalidade por suicidios (15,6 falecementos por cada 100 000 habitantes), incrementando en case un 75% a media mundial, que se atopa en 9 casos, segundo a OMS.

Máis alá das responsabilidades colectivas, é preciso que todos e todas nos concienciemos sobre as nosas posibilidades individuais á hora de evitar que un ser querido se quite a vida. Baixo esta premisa, a finais de 2021 dende Serfuja comezamos a traballar na elaboración dunha guía de prevención do suicidio, que se pode descargar de xeito gratuíto, anónimo e totalmente confidencial na nosa web (www.serfuja.es).

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...