
A quen lle pertencen por lei os restos mortais dunha persoa?
Cando falece unha persoa, como se determina a responsabilidade das decisións que se toman sobre o seu corpo? Noa Leis.
A Lei 49/1978, de 3 de novembro, que regula o enterramento en Cemiterios Municipais, indica que os ritos realizaranse segundo “o disposto polo defunto ou a familia”, pero non afonda en como se debe actuar no caso de que non haxa un acordo entre familiares.
Este baleiro dende o punto de vista legal tamén se dá á hora de dirimir a quen pertencen as cinzas dunha persoa falecida, que pode ser outro dos puntos de conflito nunha familia.
Diante desta indeterminación, entran en xogo principios do Dereito como o costume, a boa fe ou a analoxía. Por exemplo, o artigo 1894 do Código Civil determina que os gastos funerarios son responsabilidade de “quen tivo obriga de alimentar” ao defunto en vida, polo que pode deducirse que é esta mesma persoa quen debe decidir como se realiza o enterro.








