Deseñar e contratar o propio funeral: unha tendencia cada vez máis frecuente
Pode alguén planificar o seu propio enterro para que todo se faga segundo os seus desexos? Javier Garrido
A tranquilidade é un valor fundamental para moitas persoas. Para as que queiran asegurarse de que as súas preferencias serán tidas en conta na súa despedida, existe a posibilidade de que deixen deseñado o seu propio funeral.
Esta práctica, cada vez máis habitual, permite definir dende os aspectos xenéricos da cerimonia ata os máis concretos. Todos eles quedan recollidos nun contrato privado, do que a funeraria entrega unha copia para que a persoa interesada lla dea ao familiar ou ser querido que desexe que se encargue de todo chegado o momento ou tamén para incorporala ao testamento.
Este servizo ofrece numerosas vantaxes, como a liberación da familia á hora de tomar decisións en momentos complicados, ter tempo de análise para decantarse pola mellor opción ou unha maior precisión nos detalles.
Ademais, para moita xente a realización desta xestión en vida supón tamén unha normalización da morte. Aceptar que se trata de algo inevitable e prepararse sosegadamente é, ata certo punto, unha forma de terapia que achega paz interior á xente.
Se estás pensando nesta alternativa, lembra que podes visitar as nosas instalacións para informarte sobre ela.