Recaídas no dó: por que se producen e como evitalas?
Cando parecía que xa superara o dó polo falecemento de miña nai, sufrín unha recaída sen motivo aparente. Cales poden ser as causas e como saio desta espiral? Cristina Hernández
Debemos entender que o dó non é un evento puntual, cun inicio e fin determinados, senón que se corresponde cun proceso, o que implica unha serie de altibaixos a nivel emocional. De feito, os momentos de recaída poden estar provocados polas situacións máis banais e por detalles que se producen no día a día, incluso moitas veces sen relación coa persoa falecida.
Segundo a revista Biological Psychiatry, a forma na que procesemos a información pode facilitar que se produza unha recaída. Polo tanto, haberá persoas que avancen mellor neste proceso por teren un enfoque mental máis resistente, mentres que outras teñen máis probabilidade de experimentar esa sensación de volta atrás puntual.
Aínda así, podemos adestrar as nosas emocións. Para previr estas recaídas, persoas expertas en psicoloxía sinalan tres estratexias: aceptar a existencia deste tipo de retrocesos, coñecer as formas nas que poden manifestarse (desánimo, mal humor, cansazo, abuso de substancias…) e practicar mindfulness ou outras actividades beneficiosas a nivel mental. E, por suposto, se se aprecian dificultades especiais ou sostidas no tempo, recorrer á axuda profesional.