É correcto dicir que alguén ‘morre de vello’?

Meus avós sempre repiten iso de que queren ‘morrer de vellos’, pero é realmente a vellez unha causa real de morte? Martín Filloy.

A expresión ‘morrer de vello’ está moi arraigada en Galicia e asóciase, xeralmente, a unha forma pacífica e indolora de deixar este mundo. Porén, a vellez nunca aparece nun certificado de defunción como causa da morte.

O paso do tempo implica un deterioro natural do corpo e unha menor capacidade de reacción ante a aparición de problemas de saúde. Por iso, non é a idade en si o que provoca o falecemento, senón aqueles contratempos ou enfermidades que teñen unha maior probabilidade de manifestarse a idades avanzadas.

Dicir que alguén ‘morre de vello’ era común no pasado, mais agora que hai sistemas para coñecer con maior precisión e certeza a causa da morte o uso desta expresión xa non é correcto.

A clave para falecer en paz e do xeito máis tranquilo posible está na preservación da saúde e, por suposto, na maneira de afrontar un proceso inevitable.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...