Muller e empresas do sector funerario: aínda queda camiño
O vindeiro luns 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, unha data elixida pola Organización das Nacións Unidas para darlle visibilidade durante ese día ao que debera ser unha constante durante todo o ano: o compromiso coa igualdade. Segundo o último informe publicado pola Asociación Nacional de Servizos Funerarios (Panasef), as mulleres representaban en 2019 só un 26% do total das persoas empregadas no sector en España, o que supón aínda dous puntos menos ca no 2016.
Porén, eu son dos que pensa que a mellor maneira de defender un pensamento é tomar medidas para poñelo en práctica.
Por iso, se hoxe o 66,6% do cadro de persoal de Serfuja está composto por mulleres é porque entendo que é tarefa de todos e todas rematar con esa inxusta infrarrepresentación que tanto nos afasta da meta de acadar unha igualdade real.