Que ocorre coas débedas dunha persoa tras o seu falecemento?

Fai pouco morreu un veciño que acumulaba moitas débedas. Que pasa con elas? Debe asumilas o seu fillo? Natalia Fonseca.

O artigo 1003 do Código Civil sinala que a persoa herdeira, cando acepta a transmisión, será “a responsable de todas as cargas da herdanza, non só cos bens desta, senón tamén cos seus propios”. Para ser precisos, o que se legan son as obrigacións, non as débedas, pero dentro delas están as de carácter financeiro.

Aquí cóntanse dende os préstamos hipotecarios ata os persoais, tanto na condición de titulares coma de avalistas. Tamén se inclúen as obrigacións tributarias e da Seguridade Social, así como calquera tipo de imposto estatal, autonómico ou local.

O único que queda excluído son as sancións administrativas, coma as multas derivadas dalgún imposto ou as de tráfico, xa que teñen carácter persoal e non transmisible.

Deste xeito, existen dúas opcións: renunciar á herdanza –tanto aos dereitos como ás obrigacións– ou aceptala en favor de inventario, de maneira que só se responde ás débedas cos bens herdados, non co patrimonio persoal da persoa herdeira.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...