Que papel xoga a música no ámbito funerario?
Na cultura occidental a morte percíbese como algo negativo e serio, por iso sempre me resultou curioso que se empregase a música nos ritos fúnebres. Cal é a súa finalidade? Lucas Ferreño.
A música é un elemento esencial no ámbito funerario en case todas as culturas. Xa sexa con motivos máis solemnes, como en Occidente, ou con ritmos máis animados e alegres, como en zonas de África, adóitase recorrer a cantos e instrumentos.
En Serfuja, somos conscientes da importancia de adaptarse a cada servizo e personalizalo ao gusto da persoa falecida ou dos seus seres queridos. Por iso entendemos que a música xoga múltiples papeis, con efectos diferentes: dende encher un baleiro ata expresar a pasando por conectar coa persoa falecida.
A musicoterapia –o uso de elementos musicais para a prevención, rehabilitación e tratamento de determinadas patoloxías– resulta moi útil tanto no dó dos familiares como en pacientes que se atopan en fase terminal, xa que permite incrementar o seu grao de benestar e reducir a ansiedade pola situación. As vibracións musicais gardan unha profunda relación coas emocións, por iso se trata dun compoñente relevanet para o sector funerario.