Pensión ou subsidio: que me corresponde tras a morte dun familiar?
En certos casos, ao falecer un familiar, existe o dereito a unha axuda económica por parte do Estado. Como se determina este apoio? Eva Camiño
O falecemento dun familiar sempre deixa un baleiro emocional, mais tamén pode supoñer un problema económico. Por iso o Estado español contempla a concesión de dous tipos de axudas: as pensións e os subsidios. O obxecto de ambas é, como explica na súa web a Seguridade Social, “protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo falecemento dunha persoa”.
Porén, existen diferenzas entre elas: o subsidio ten unha duración máxima dun ano dende a súa concesión, mentres que a pensión extínguese cando o beneficiario contrae matrimonio ou falece, así como no caso de superar un certo nivel de ingresos ou percibir outra axuda pública, coa que é incompatible.
Mentres, as pensións percíbenas, habitualmente, fillos e irmáns (existen outros supostos especiais segundo o grao de parentesco danse outros supostos), que cumpran os seguintes requisitos: deben ter máis de 45 anos, estar solteiros ou divorciados, non contar con medios de subsistencia e ter convivido coa persoa falecida como mínimo dous anos antes da súa morte. Para os subsidios, as esixencias son as mesmas, co matiz de que están dirixidos aos menores de 45 anos.
No noso servizo de asesoría posmortem estudamos cada caso de xeito específico para indicar a cada persoa a prestación á que ten dereito.
Envía a túa consulta a www.asgandaras.gal/dudas