Cor e agarimo para un San Valentín coas emocións a flor de pel

Este domingo non vivimos un San Valentín máis. Foi, probablemente, o 14 de febreiro con máis distancia e con menos bicos e apertas de todos cantos lembramos. Seguro que xa se che fixo raro e duro ter que gardar, outro día máis, ese illamento e esa limitación nas nosas interaccións persoais. Pero pensa que máis difícil o tiveron todas aquelas persoas que se viron na situación de despedir a un familiar ou a un ser querido sen poderen estar arroupadas por mor das limitacións da pandemia.

 

Coa ollada posta no recoñecemento a todas esas persoas, da primeira á última, que nos deron auténticas leccións de respecto e comprensión durante estes últimos once meses, dende o noso tanatorio quixemos ter un pequeno xesto cos veciños e veciñas de Lugo. Por iso distribuímos 200 rosas vermellas no centro de Lugo na véspera do San Valentín como unha mostra máis de agarimo escollendo un dos símbolos máis universais da gratitude, como é esta flor.

 

Nestes últimos 11 meses todos aprendemos a vivir doutro xeito, xa que a pandemia fixo saltar polo aire todas as regras do xogo. Porén, hai algo que non foi quen de mudar, que é a nosa condición humana e social. E, nesa esencia nosa, as emocións xogan un papel fundamental, polo que saber canalizalas é importante á hora de afrontar un contexto de tanta incertidume coma o actual.

 

Por iso, este pequeno agasallo foi tamén un recordatorio sobre a importancia do autocoidado e da xestión do dó. Por suposto que perder a alguén é, se cabe, máis duro ca nunca, pero iso non pode significar que nos abandonemos ou que non lles prestemos atención ás sensacións que experimentamos.

 

E xa que falamos de expresar as emocións, non podemos deixar de agradecervos o voso agarimo a todos os que vos achegastes para recoller unha destas flores na véspera dunha data tan especial coma era a deste domingo. Este 14 de febreiro as cifras oficiais de falecidos por COVID-19 na provincia de Lugo medraron ata as 199 persoas. Por suposto, sirva tamén este detalle para lembralas a todas elas.

 

Galería de Fotos

 

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...