De onde vén a tradición de considerar o corvo como símbolo da morte?
Os meus avós sempre dicían que se un corvo se pousa na ventá da túa casa significa que alguén achegado falecerá proximamente. Por que existe esta crenza? Elena Domínguez
A mitoloxía, a literatura e a tradición oral colaboraron para crear unha aura mística arredor da figura do corvo, que se asocia en moitas culturas á morte e o máis alá, chegando a verse como unha conexión entre o mundo dos vivos e dos mortos.
Parte do nacemento desta crenza débese á mitoloxía grega, que apunta que Apolo enviou un corvo branco para protexer á súa amada e que, cando ela lle foi infiel, queimouno, de xeito que as súas plumas se volveron negras. Así foi como pasou a ser un símbolo do mal augurio.
A presenza en obras literarias como El cuervo, de Edgar Allan Poe, tamén contribuíu a reforzar a visión enigmática e negativa desta ave. Ademais, a súa cor escura, os sons que emite e o feito de que se alimente doutros animais mortos son trazos que van en consonancia con esta lenda, que axudaron a afianzar.
Porén, nalgunhas culturas sucede o contrario ao estar asociado a valores positivos. É o caso do budismo, onde representa a protección, ou da mitoloxía nórdica, na que Hugin e Munin eran dous corvos que recollían información polo mundo adiante para logo trasladárenlla ao deus Odín.