Dereito ao esquecemento en internet: como e onde reclamalo

Podo pedir que unha rede social elimine a conta dun familiar que faleceu hai uns meses? Saúl Díaz

A Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais recoñece esta posibilidade no seu artigo 3. En concreto, recolle que “as persoas vencelladas ao falecido por razóns familiares ou de feito, así coma os seus herdeiros, poderán dirixirse ao responsable ou encargado do tratamento ao obxecto de solicitar o acceso aos datos persoais da persoa falecida e, no seu caso, a súa rectificación ou supresión”.

Ademais, esta mesma lei alude no artigo 94 dun xeito explícito ás redes sociais, nas que para facer uso do chamado ‘Dereito de Supresión’ a familia da persoa defunta debe dirixirse á entidade que conteña eses datos a borrar, para o que normalmente plataformas coma Facebook ou Instagram piden documentos que acreditan a morte do usuario e a relación de quen realiza a solicitude con el.

Outras redes sociais como LinkedIn ou Twitter tamén contemplan esta posibilidade, se ben con lixeiras variacións con respecto ao protocolo de Facebook e Instagram. O que non muda é que este procedemento nunca se inicia “de oficio” pola rede social senón que se fai a petición de alguén.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...