‘Doulas da morte’: así é a figura que axuda a afrontar unha defunción

Recentemente escoitei falar dun novo rol profesional coñecido como ‘doula da morte’. Cales son as súas funcións? Roberto Durán.

Na nosa cultura, a morte tense convertido nun gran tabú que provoca que a xente, polo xeral, non estea preparada para afrontala dun xeito san. Para combatelo xurdiu a figura das ‘doulas da morte’ (análoga ás ‘doulas posparto’, máis frecuentes na nosa contorna), que son profesionais que traballan con persoas próximas ao falecemento e coas súas familias.

A súa función é apoialas con axuda a nivel emocional e social, pero tamén práctico. Algunhas ‘doulas’ acompañan con conversas máis directas sobre a morte, mentres que outras centran o seu labor na xestión do dó, por citar algún exemplo.

Este rol colleu impulso logo da pandemia. Así, nos Estados Unidos, a NEDA (Alianza Nacional de ‘Doulas’ do Final da Vida) tiña 260 membros en 2019, mentres que a comezos de 2024 xa sumaba 1545. Tamén existe unha organización global, a INELDA (Asociación Internacional de ‘Doulas’ do Final da Vida), que leva formado a máis de 5600 profesionais dende a súa fundación en 2015.

En España, aínda que non é unha práctica tan habitual como noutras culturas, xa se imparten cursos específicos neste ámbito.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...