Por que os exipcios momificaban os mortos?

Sempre me chamou a atención o Antigo Exipto, especialmente polas momias. Cal é o motivo desta práctica funeraria? Aurelia Bande.

Tras a figura das momias, popularizada no último século grazas sobre todo ao cine, agóchase unha tradición funeraria que procede do Antigo Exipto e que está moi vinculada coa súa crenza na vida despois da morte.

Nesta cultura pensábase que a alma non podía sobrevivir sen o corpo, polo que era imprescindible conservar este último para acadar a eternidade. Logo de observar como algúns cadáveres se conservaban de xeito natural na area do deserto, os exipcios comezaron a desenvolver técnicas artificiais para evitar a descomposición, encamiñándose así cara ao procedemento da momificación.

Ademais, para facilitar que a alma e o corpo se mantiveran unidos despois da morte, decorábanse as tumbas e colocábanse obxectos persoais para orientar á persoa defunta á hora de reencontrar esas dúas dimensións.

O mito de Osiris, deus da mitoloxía exipcia que morreu e resucitou, reforzou a idea de que a vida podía continuar tras o falecemento se se lograba preservar o corpo.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...