Por que se representa a morte cunha gadaña?

Acotío identificamos a morte cun esqueleto que leva unha gadaña. De onde vén esta representación? Raquel Couceiro.

No imaxinario colectivo da nosa sociedade, esta representación da morte como un esqueleto cunha gadaña simboliza a disposición de “segar” a vida das persoas.

Como sucede con numerosas crenzas e tradicións populares, este xeito de darlle forma física á morte remóntase, segundo distintos expertos, á mitoloxía grega; concretamente debémosllo a unhas figuras divinas coñecidas co nome de “moiras”, que se encargaban de decidir sobre a existencia das persoas.

Eran tres: Cloto tecía o fío polo que transcorría a vida, Laquesis determinaba a lonxitude do fío e Átropos tiña unhas tesoiras coas que o cortaba, poñendo, deste xeito, o punto e final.

Da mitoloxía grega pasaron á romana baixo o nome de “parcas” e, posteriormente, esta historia fusionouse coa do deus celta Ankou, representado cun esqueleto. Entón, a tesoira de Átropos pasou a ser unha gadaña, xa que se trata dunha ferramenta habitual entre os campesiños.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...