
Que é a cronotanatodiagnose?
Esta semana vendo unha serie estranxeira falaron do concepto “cronotanatodiagnose”. En que consiste? Pablo García
A cronotanatodiagnose é unha técnica da medicina forense que se emprega para determinar o tempo transcorrido dende a morte dunha persoa, o que se coñece como intervalo post mortem (IPM).
Isto estipúlase tras o estudo detallado de fenómenos cadavéricos como o arrefriamento (algor mortis), a lividez (rigor mortis), a rixidez (rigor mortis), a deshidratación ou a putrefacción.
A cronotanatodiagnose non pode garantir saber sempre a hora exacta de falecemento dunha persoa, pero si que permite que teñamos unha aproximación bastante precisa, que pode ser moi útil en casos coma a reconstrución de feitos en investigacións criminais.
A propia etimoloxía da palabra permite adiviñar o significado do concepto: en grego, cronos é “tempo”, thanatos é “morte” e diagnosis é “coñecer”, polo que, dende un punto de vista lingüístico, cronotanatodiagnose significa “coñecer o tempo da morte”.








