Seguro de decesos: que ninguén decida por ti

Miña nai ten contratado un seguro de decesos. Cando chegue o momento, pode a compañía obrigarnos a elixir unha empresa funeraria en concreto? Berta Gómez

Ningunha aseguradora pode, en ningún caso, impoñer a contratación dunha empresa funeraria en concreto. Así o avalan distintas leis, como o artigo 3.1-h da Lei 2/1997 sobre Servizos Funerarios ou o artigo 106 quáter da Lei 20/2015, que recolle que “as entidades aseguradoras deberán poñer a disposición do asegurado unha relación de prestadora de servizos que garanta unha efectiva liberdade de elección”.

Na práctica, o que ocorre é que as multinacionais que operan no sector funerario teñen unha estreita relación con aseguradoras, ata o punto de que moitas veces esta vinculación é mesmo legal ou de dependencia. Isto leva ás compañías a, polos seus propios intereses empresariais, encamiñar ás familias a encargar o servizo a unha determinada funeraria.

Porén, esta práctica non é legal: sexan cales sexan a causa ou o lugar do falecemento, o aconsellable sempre é chamar primeiro á empresa funeraria que se prefira e que sexa esta quen oriente como proceder á tramitación coa compañía aseguradora.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...