Sentir alivio tras a morte dun ser querido: fóra remordementos de conciencia

Despois de que falecera un familiar a consecuencia dunha longa enfermidade, sentín certo alivio. Debo preocuparme? Noelia Díaz

Experimentar esa sensación é algo máis común do que pensamos, especialmente naqueles casos nos que a morte do ser querido é consecuencia dunha longa enfermidade diagnosticada, unha circunstancia que nos permite prepararnos mellor para a xestión emocional dese desenlace.

É o que se chama “dó anticipado”, que se produce cando as persoas da contorna empezan a asumir a perda de quen está enfermo á vista do deterioro que vai experimentando e tamén da interrupción da súa vida habitual polas novas circunstancias que impón esa doenza.

Como é lóxico, isto transcorre en paralelo ao desgaste físico e emocional que conleva o acompañamento diante dunha situación de merma das capacidades habituais ou de tratamentos médicos coma os oncolóxicos.

Deste xeito, debemos normalizar o feito de sentir ese alivio, tanto dende a ollada da observación da persoa enferma, quen deixa de sufrir, como dende a dos seus familiares. Aínda que moita xente evita falar disto por vergoña ou por experimentar unha certa culpabilidade, cómpre entender esa emoción de liberación, que non implica en ningún caso un menor afecto ou respecto cara á persoa falecida.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...