Son xa maioritarias as incineracións en Lugo?
Sempre leo reportaxes de que as cremacións son unha decisión cada vez máis frecuente entre as familias: prodúcese xa esta realidade tamén na nosa contorna? Antón Campos
Aínda que con certa frecuencia se escoita que a incineración é unha tendencia á alza, o certo é que as cifras indican que segue a ser unha alternativa minoritaria no noso ámbito. Isto apréciase dun xeito especialmente evidente nas áreas rurais, onde só se realiza a cremación nun 10% dos falecementos. No 90% restante dos casos, o enterramento tradicional é a opción preferida.
Porén, é certo que as estatísticas aumentan lixeiramente en zonas urbanas, onde ao redor dun 30% das familias optan pola incineración. Con todo, tamén neste tipo de áreas as inhumacións convencionais continúan a ser a alternativa máis escollida.
Polo tanto, esa crenza de que as cremacións son unha práctica maioritaria é rotundamente falsa, polo menos no caso de Lugo e a súa provincia. Outro tópico erróneo moi frecuente con relación ás inhumacións é que sempre son unha alternativa máis económica: moita xente pensa equivocadamente que se aforran conceptos como o do féretro, pero, en contra do que se cre, si é necesario para proceder á inhumación.