
Traslado de cadáveres entre comunidades autónomas: é posible?
Existe algunha limitación para que unha persoa que faleza en Galicia poida ser enterrada en Madrid porque ten alí a súa familia?
O traslado de cadáveres no noso ámbito está suxeito ás condicións que marca o Regulamento de Policía Sanitaria Mortuoria de Galicia. En concreto, a norma actualmente en vigor establece que para esta clase de situacións, cómpre dispoñer da licenza de enterramento e da autorización da Consellería de Sanidade.
Este permiso ten que ir acompañado dunha acta de conservación temporal transitoria ou de embalsamamento, segundo as horas que vaia tardar en ser enterrado o corpo e tamén en función das obrigas particulares da comunidade autónoma de destino do cadáver. Ademais, esíxense certos requisitos para a viaxe, coma unha caixa cun contedor interior autorizado e un filtro depurador. Sobre todos estes aspectos asesoramos e acompañamos en empresas coma a nosa.
Pola contra, para o caso do traslado dos restos dunha incineración feita en Galicia só se esixe o seu debido almacenamento nunha urna axeitada e contar coa documentación necesaria, sobre todo o certificado de cinsas.