Cales son as datas con maior taxa de suicidios?
Sabemos que os suicidios están condicionados por numerosos factores externos. Hai algún día no que as cifras aumenten? Ramón Escudero.
En decisións tan traumáticas e irreversibles como o suicidio inflúen condicionantes psicolóxicos e físicos da propia persoa, mais tamén outros relacionados co contexto no que esta se desenvolve: un deles é o momento do ano.
Segundo un estudo publicado recentemente na revista The BMJ, a taxa de suicidios é maior os luns e aumenta especialmente o día de Ano Novo, mentres que, segundo a rexión, o volume destas mortes varía nas fins de semana e no Nadal. Así, o primeiro día da semana medra o risco de suicidios entre un 15 e un 18%, provocado, entre outras posibles causas, pola angustia derivada da presión do traballo ao comezar o luns e os maiores índices de consumo de alcol durante a fin de semana.
Para chegar a estas conclusións, as persoas investigadoras empregaron unha base de datos con máis de 1,7 millóns de mortes ‘autoprovocadas’ de 740 lugares repartidos en 26 países –entre eles, España– dende 1971 ata 2019.