
Cemiterios dixitais: así son e así funcionan
Recentemente escoitei falar do concepto “cemiterio dixital”. En que consiste? Antonio Ferreiro
O número de perfís nas redes sociais tense multiplicado nos últimos anos. Porén, segundo diversos estudos universitarios, o volume de persoas usuarias falecidas non tardará en superar ao das vivas, deixando un repositorio de datos dixitais que se coñece como cemiterio dixital.
Isto supón todo un desafío a nivel legal, posto que as normas que regulan a planificación dos legados nas redes sociais estan aínda en proceso de definirse. Acceder ás contas de persoas falecidas para poder eliminalas ou xestionalas seguindo as súas propias instrucións non é sinxelo, pero as plataformas xa comezan a abordar esta circunstancia.
Facebook ofrece tres opcións: facer un perfil conmemorativo, designar un administrador que herde a conta ou suprimila por completo. En Istagrfam funciona de xeito similar, aínda que menos automatizado, mentres que en TikTok e X as alternativas son máis escasas.