Como saber que impostos hai que pagar despois da morte?
Recentemente faleceu o pai dun amigo e a xestión do testamento e a herdanza deulle moitos problemas, sobre todo polos impostos. Canto e a quen temos que pagar? Jaime Delgado
A burocracia sempre resulta tediosa, e máis en situacións como o falecemento dun ser querido. Porén, é importante saber xestionar trámites como a herdanza da maneira máis áxil posible e evitando sorpresas polos tributos de obrigado cumprimento.
En xeral, son dous os impostos a pagar: o de sucesións e o de plusvalía. O primeiro, que é competencia das autonomías, grava o movemento de patrimonio e é progresivo. En Galicia, móvese entre un 5% e un 18%, con reducións segundo o grao de parentesco, a idade da persoa herdeira ou o nivel de discapacidade.
Pola súa banda, o de plusvalía grava o aumento do valor dun inmoble durante o tempo no que foi propiedade da persoa defunta. A contía depende dos anos que o inmoble estivera nas súas mans e dos coeficientes establecidos por cada concello.
En Serfuja axudamos a realizar estes trámites: ademais de dar servizos funerarios, tamén somos unha asesoría posmortem integral con graduados sociais expertos na materia. Deste xeito, entre as nosas prestacións atópanse a preparación da liquidación do imposto de sucesións, os expedientes de plusvalías, a presentación de pensións, as tramitacións no Catastro e en Tráfico e o reparto da herdanza para o outorgamento de escrituras na notaría.
Envía a túa consulta a www.asgandaras.gal/dudas