
Flores para o Día de Defuntos: como materializar unha emoción
Achégase o Día de Defuntos, unha data moi vinculada ás flores. Cal é a mellor alternativa para honrar a memoria dos nosos seres queridos? Saúl Doval.
Co Día de Defuntos ás portas, moitas persoas deciden encargar con antelación os arranxos florais para chegar a tempo e homenaxear aos seres queridos que xa non están do xeito máis bonito posible.
O acto de levar flores ao cemiterio nesta data é unha tradición moi consolidada, que evolucionou ata converterse nunha forma de expresar dun xeito material a emoción que nos acompaña cando pensamos nos que xa nos deixaron.
Trátase dun día sinalado no que a demanda aumenta, polo que é aconsellable reservar con antelación se queremos conseguir aquelas flores que mellor representan á persoa.
En ocasións coma esta, recoméndase confiar en florarías especializadas no ámbito funerario, como Jorba Flor –con tendas en Lugo (Estrada Vella de Santiago, 132) e no polígono de Castro Ribeiras de Lea–, que acumulan anos de experiencia axudando á xente a honrar a memoria dos seus seres queridos.








