O suicidio: o liderado escuro de Lugo

Lugo é líder. E non, non é un orgullo. Todo o contrario. Segundo os últimos datos do INE, a provincia lucense tivo a maior taxa de suicidios de toda España en 2022, con 15,4 mortes deste tipo por cada 100.000 habitantes. 52 persoas quitáronse a vida nese período, preto dunha por semana. Xa en 2021 ocupaba o posto máis alto desta escura clasificación, o que significa que se trata dunha tendencia sostida no tempo.

Dende o ámbito científico sinalan unha serie de condicionantes que poden ter certo efecto á hora de potenciar estes tráxicos actos: o mal tempo, a poboación envellecida ou a dispersión social e a consecuente soidade inflúen negativamente, por suposto, e Lugo cumpre con todos eles. Mais o carácter multifactorial deste problema esixe ir máis alá.

É algo preocupante? Sen dúbida. Anualmente falece máis xente por este motivo que nas estradas. Porén, cada vez que acendemos o televisor ou a radio ou botamos un ollo ás noticias atopamos información sobre algún accidente de tráfico ou vemos algunha campaña de prevención vinculada ao uso do móbil ao volante, o consumo de alcohol antes de conducir ou o perigo do sono. Mentres tanto, parece que os suicidios non van connosco.

Para reverter esta tendencia, é imprescindible falar sobre o asunto, mais dándolle unha volta ao enfoque: non se trata de chorar as mortes, senón de traballar para evitalas, como tratamos de facer nós hai uns meses coa publicación dun manual de prevención do suicidio.

Por suposto, isto non só está en mans da sociedade ou dos medios. Os gobernos, nos diferentes niveis da administración, deben abordar, discutir e buscar solucións a esta lacra con moitos máis recursos para poñerlle freo a esta pandemia silenciosa. Ou, máis ben, silenciada.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...