
Que son os espasmos cadavéricos?
O outro día escoitei que os corpos seguen alterándose tras a morte e chamoume a atención o concepto dos espasmos cadavéricos. En que consisten? Lucas Linares.
En canto falece unha persoa comezan a producirse cambios no seu corpo: son procesos que se coñecen como fenómenos cadavéricos e que cómpre coñecer para poder aplicar as técnicas de tanatopraxia correspondentes.
Segundo a clasificación elaborada por algúns expertos, poden dividirse en fenómenos temperás e tardíos. Os espasmos cadavéricos atópanse no primeiro grupo, xa que se producen inmediatamente despois da morte da persoa.
Coñecidos tamén como signos de Puppe ou de Taylor, caracterízanse por seren unha forma particular de rixidez que se dá en casos de mortes violentas e que poden achegar pistas cruciais sobre a causa da morte, polo que son moi importantes na medicina forense.
Non debe confundirse coa rixidez cadavérica ou rigor mortis, unha contracción muscular que comeza ás dúas ou tres horas do falecemento e que desaparece por si mesma pasadas 48 horas.







