O dó na adolescencia: así afecta a morte nesta etapa vital

A adolescencia é un momento complexo, no que se dan moitos cambios físicos e mentais. É o dó diferente nestas idades? Celia Blázquez.

A adolescencia supón un proceso de evolución no que se deixa atrás a infancia e no que se pretende unha maior independencia, circunstancias que afectan á maneira de xestionar un falecemento próximo.

Así, nesta idade prodúcense cambios de personalidade, polo que a identificación cos ideais dunha persoa falecida que se toma como referente poden moldear o carácter do ou da adolescente, influíndo de xeito claro no proceso de dó.

Outro efecto da morte nos adolescentes pode ser a aceleración da maduración. É posible que a perda os leve a asumir responsabilidades ás que non deberían ter que enfrontarse aos seus anos. Isto pode axudarlles a mellorar a súa capacidade de xestión de situacións negativas, pero tamén pode desencadear patoloxías ou problemas psicolóxicos.

Como é lóxico, a xestión do dó tamén vai depender da persoa falecida e do grao de relación que o adolescente teña con ela: non é o mesmo afrontar a defunción dun avó cá dun pai ou nai ou a dun amigo ou irmán.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...