Son máis baratas as incineracións porque non hai que mercar tumba?

Sempre pensei que a incineración custaba menos que o enterro tradicional pola ausencia de gastos como o ataúde, pero é isto certo? Valentín Ordóñez.

Esta crenza, aínda que estendida, é falsa por dous motivos: o custo final destas cerimonias depende de moitos factores comúns ás dúas alternativas e para unha incineración tamén se precisa un ataúde.

A redución dun cadáver a cinzas é un proceso que require dun alto nivel de hixiene e seguridade, o que fai necesario o uso dun ataúde tanto para o proceso de velorio como para a introdución no forno. Á marxe desta cuestión, tamén é unha maneira de amosar respecto pola persoa falecida ata o último momento.

De todos os xeitos, a contía final dun enterro ou cremación non só depende da caixa empregada, senón que entran en xogo elementos alleos aos servizos funerarios, como as necrolóxicas na prensa ou radio, o nicho en propiedade ou concesión ou o tipo de cerimonia a desenvolver.

En definitiva, sería falso asegurar que unha incineración é sempre máis barata ca un enterro.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...