Teñen máis risco de morte as persoas zurdas?

Recentemente dei cunha web que di que as persoas zurdas teñen menor esperanza de vida. Ten algún fundamento? Elena Duarte.
As orixes desta crenza podemos situalas na revista Nature, que en 1988 publicou un estudo levado a cabo por Diane Halpern e Stanley Coren baixo o título ‘Viven máis os destros?’. Nel analizaron os rexistros de defunción de xogadores de béisbol, concluíndo que os deportistas zurdos morreran, de media, oito anos antes.

Noutra investigación posterior, estes mesmos autores colleron un listado de persoas falecidas en California e chamaron ás súas familias para preguntarlles pola man dominante de quen morreran. Segundo os resultados que obtiveron nestas conversas, as persoas zurdas morreran, de media, con nove anos menos que as destras.

Porén, a maioría de estudos científicos non sosteñen esta afirmación (mesmo hai algún que di o contrario, que as persoas zurdas teñen menor risco dunha morte súbita tras un problema cardíaco). Isto lévanos a pensar que esa crenza se basea na metodoloxía que
seguiron os autores e tamén nos estigmas negativos que se asociaron sempre ás persoas zurdas.

Isto significa que entre os falecidos a finais dos anos 80 apenas podía haber xente maior cuxos familiares identificaran como zurdas porque na primeira metade do século tanto no ámbito académico como no laboral obrigábase á xente a ser destra. Pola contra, a mediados do século comezou a normalizarse o uso preferente da man esquerda, de xeito que si podía haber xente que morrera máis nova e que fora zurda.

Esta realidade condicionaba os datos e a interpretación que deles fixeron, sen que poida establecerse unha correlación inequívoca entre uso da man e mortalidade, como avalou a literatura científica das últimas dúas décadas.

Otras noticias

Próxima apertura

Próxima apertura

CompartirFacebookTwitterLinkedin

El duelo

El duelo

El duelo es el proceso de adaptación emocional que sigue a una pérdida. En el duelo se...

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo

La elaboración del duelo es el transcurso del proceso desde que se produce la pérdida...

La Eutanasia

La Eutanasia

La Eutanasia está ligada al desarrollo de la medicina moderna. Para parte de la...

Nuestro inconsciente y la...

Nuestro inconsciente y la...

El filósofo Mario Bunge dice “la muerte no es un misterio para quien sepa algo de...

Testamento vital

Testamento vital

El testamento vital, es un documento de voluntades anticipadas por el que un ciudadano,...